Tuesday 23 de April de 2024

Penúltima etapa do Camiño Portugués pola Costa


 

Esta fin de semana tivo lugar a penúltima etapa do Camiño Portugués pola Costa. Unha actividade na que participan arredor de 130 veciños e veciñas de Ordes que nesta ocasión percorreron os 17 quilómetros que separan as localidades de Padrón e O Milladoiro. A vindeira quenda será este próximo sábado, xornada na que, sen dúbida, chegarán a tempo para escoitar a misa do peregrino na igrexa de San Francisco. Como despedida haberá un gran xantar de confraternidade no restaurante O Barreiro, na parroquia de Leira.